Soa “Memento Mori”; soa a inconfundible voz da “madriña do punk”; soa Patti Smith.
“Memento Mori” (do latín e traducido como “recorda que morrerás”) é o único tema do álbum Peace and Noise (1997) que Patti Smith gravou de forma improvisada. Os grandes ventiladores dunha antiga fábrica de hélices, baixo os que se atopaba durante os máis de 10 minutos de improvisación, suxeríronlle a historia de Johnny, un combatente finado na guerra de Vietnam por mor dun accidente de helicóptero. Ao parecer, Johnny fora amigo do seu marido Fred “Sonic” Smith, recentemente falecido por entón.
“Tomaron su nombre
Y lo tallaron en una losa de mármol
Con varios miles de otros nombres
Todos los ídolos caídos
Los niños de los ojos de sus madres
Solo otro nombre”
O talento de Patti Smith convértese en protagonista unha vez máis no noso mes de decembro a través deste #SonsdaLembranza.
Fontes: