–
23/05/2026
Para celebrar o Día Internacional da Reciclaxe, celebrado o 17 de maio, coñeceremos a “Ra de Tres Ollos” de man de Olga de Dios. Ra só coñece a contaminación da súa charca, pero cando ve outra realidade darase conta de que quere mudar a súa contorna… Será capaz de facelo? Ven descubrilo!
O tempo restante, os participantes poderán ler, debuxar ou xogar no Espazo de Lecer.
Público: nados entre 2017 e 2022 inclusive.
Aforo: 15 persoas.
*Recoméndase inscrición previa a partir do luns 18 de maio (inclusive)
Espazo de Lecer
