Contacontos miúdos: “O País do Gran Furado”

Contacontos miúdos: “O País do Gran Furado”


23/11/2024

Conmemoraremos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebrará o 25 de novembro, coa lectura do conto de Xerardo Quintiá Pérez. No País do Gran Furado está prohibido a poesía, a alegría e a felicidade das mulleres pero Toribia, decide rebelarse e poñerlle solución a esta situación. Conseguirá transformar a sociedade e alcanzar a igualdade entre homes e mulleres? 

O tempo restante, os participantes poderán ler, debuxar ou xogar no Espazo de Lecer.

Público: nados entre 2016 e 2021 inclusive. 

Aforo: 15 persoas.

*Recoméndase inscrición previa a partir do luns 18 de novembro (inclusive)

Espazo de Lecer

Ver calendario completo