–
30/11/2024
Con este conto de Yolanda Álvarez Castro imos conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebrará o 3 de decembro. Coñeceremos a historia de Margarida, unha formiga moi especial, dado que lle falta unha das súas patiñas. Un día farta de recibir burlas das súas compañeiras, decide marchar. Que será dela a partir de agora?
O tempo restante, os participantes poderán ler, debuxar ou xogar no Espazo de Lecer.
Público: nados entre 2016 e 2021 inclusive.
Aforo: 15 persoas.
*Recoméndase inscrición previa a partir do luns 25 de novembro (inclusive)