–
14/11/2026
Polo Día Internacional da Tolerancia que se celebrará o 16 de novembro, leremos o conto “A manchas ou raias?” de Estefanía Padullés. Nunha selva chea de animais con manchas, todos lle teñen medo aos animais con raias que viven ao outro lado do río. Pero Leopardo é curioso e decide explorar… Que descubrirá?
O tempo restante, os participantes poderán ler, debuxar ou xogar no Espazo de Lecer.
Público: nados entre 2018 e 2023 inclusive.
Aforo: 15 persoas.
*Recoméndase inscrición previa a partir do luns 9 de novembro (inclusive)
Espazo de Lecer
