–
15/11/2025
Polo Día Internacional do Músico, que se celebrará o 22 de novembro, leremos o conto de Nadia Budde. Nesta historia, a través de rimas e xogos de palabras, coñeceremos a uns personaxes moi pintorescos que forman unha banda de música. Anótaste á foliada?
O tempo restante, os participantes poderán ler, debuxar ou xogar no Espazo de Lecer.
Público: nados entre 2017 e 2022 inclusive.
Aforo: 15 persoas.
*Recoméndase inscrición previa a partir do luns 10 de novembro (inclusive)
Espazo de Lecer
