📚 Nesta recomendación de novembro da #BibliotecaOVelloCárcere vai implícita unha pequena homenaxe. “Max Burbuja. Contra el comedor” é un dos libros que forma parte da serie de aventuras xuvenil “Max Burbuja”, que foi escrita por Miguel López (e que tanto triunfa no Club de lectura “Ratiños de Biblioteca”, por certo!).
Máis coñecido polo alcume de El Hematocrítico (A Coruña, 1976 – Navia, 2023), este educador coruñés faleceu inesperadamente en novembro do ano pasado. Este mes están tendo lugar en diversas cidades galegas distintas actividades que xiran arredor da literatura infantil, do humor e da arte que definiron a traxectoria dun grande divulgador e escritor. Entre as súas obras publicadas atópanse, por exemplo, “Feliz Feroz” (2014), “Lendas do recreo” (2020) ou “El Hematocrítico de Arte” (2012).
✏️Unha curiosidade! Se visitades a exposición temporal polo 20 Aniversario da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, ubicada na planta baixa do módulo de mulleres, atoparedes traballos do ilustrador de Max Burbuja, Santy Gutiérrez.