O 24 de xuño, máis comunmente coñecido polo festexo de San Xoán, coincide tamén co aniversario do nacemento de Matilde Landa, activista social e política orixinaria de Badajoz. Nada en 1904, convertiuse nun caso excepcional por non ser bautizada, algo inusual por entón. Tristemente, este feito mantivo unha relación directa co seu falecemento 38 anos máis tarde.
Foi durante a época da II República cando Matilde iniciou a súa actividade política. En canto estalou a guerra, a súa labor orientouse máis cara a xestión dos servizos sanitarios e ao auxilio dos desplazados de guerra. Ao finalizar a guerra, encomendóuselle a misión de reconstituir o Partido Comunista de España (PCE) sen apenas medios. En abril de 1939 foi detida e, en setembro dese mesmo ano, foi trasladada á prisión de Ventas en Madrid, onde Matilde organizou a “oficina de penadas”, que ademais de servir para a tramitación de indultos, conmutacións de pena e outros trámites similares, converteuse nun espazo fundamental para que estas mulleres reclusas se sentiran menos soas durantes estes duros momentos.
En 1940, Matilde foi trasladada á prisión central de Palma. Debido á súa significación política e á súa influencia sobre as reclusas, as autoridades relixiosas interesáronse especialmente pola súa conversión ao catolicismo, exercendo fortes presións sobre ela. O 26 de setembro de 1942, día no que estaba previsto o seu bautismo público, suicidouse dende unha das galerías da prisión, sendo finalmente bautizada “in articulo mortis”.
