María Baña Varela

#ELAS

María Baña Varela

A poesía popular é un elemento fundamental en celebracións tradicionais tales coma o Entroido, pois dela xorden moitas das coplas que se cantan e se bailan. Aurora Marco, na súa publicación “Elas”, recolle a historia dalgunhas mulleres poetas que aprenderon e/ou compartiron a súa arte a través de festexos populares.

Hai tres anos rescatamos a figura de Asunción Antelo, tamén coñecida como “A Rexoubeira de Bergantiños” 👉 https://ovellocarceredelugo.gal/asuncion-antelo-a-rexoubeira-de-bergantinos/ .

Hoxe centrámonos na súa paisana María Baña Varela (Cabana de Bergantiños, A Coruña, 1906-1995). Nada en Vilariño, dende os doce anos asentouse en Neaño. Palillaba, traballaba como xornaleira, percorría os camiños das aldeas vendendo peixe, froita… mais a súa mente inqueda levoulle tamén polos camiños da creación artística. Sen saber ler nin escribir (non aprendeu ata os seus derradeiros anos de vida), desfrutaba expresándose a través da poesía oral. Nun medio de comunicación da comarca mesmo chegou a declarar que ela “pensaba en copla”.

No seu legado poético atopamos pezas autobiográficas, outras dedicadas á súa familia, á veciñanza, a paisaxes de Galicia… De xeito póstumo, o Concello de Cabana de Bergantiños, xunto con Xosé Manuel Varela Varela, publicou a súa poesía en “Falaba de ser poeta” (1998), que pode ser consultado na seguinte ligazón: https://www.calameo.com/read/001044426126eb95620f3 .

Non atopamos mellor xeito de rematar a publicación que con esta copla de María:

“Dígolle ó señor Alcalde
i ós maestros de Cabana
que non tiren con recuerdos
que deixa María Baña.”

💝

Fontes:
📷 e 📝 “María Baña Varela, poetisa popular de Cabana”, Web do Concello de Cabana de Bergantiños: https://cabana.gal/es/maria-bana-varela-poetisa-popular-de-cabana/
📝 “Falaba de ser poeta” (1998). Ed: Concello de Cabana de Bergantiños: https://www.calameo.com/read/001044426126eb95620f3
📝 Exposición “Elas” – Aurora Marco e varias artistas

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.