Na cela da imaxe, aparecen os nomes de moitas persoas que estiveron presas neste edificio durante a Guerra Civil e a Ditadura Franquista.
Un destes nomes é o do industrial e mestre de obras Marcelino Fernández Prada (Ourense, 1985 – Lugo, 1944). Coma moitos galegos, Marcelino tivo que emigrar, chegando a residir en Nova York, cidade dende a que tornou para Galicia no ano 1928.
Despois de establecerse en San Clodio de Ribas de Sil, presentouse ás eleccións municipais de maio de 1931, sendo elixido alcalde, e permanecendo neste cargo, ata ser destituído o 22 de xullo de 1936.
Marcelino Fernández Prada participará activamente na Revolución de Outubro de 1934 e faralle fronte ao golpe de estado militar de xullo de 1936, tras o que terá que agocharse na súa casa ata ser detido no 1939.
Tras pasar polos cárceres de Ourense e Lugo, será condenado a morte, pena conmutada pola de 30 anos de cárcere. Finalmente Marcelino Fernández obtivo a liberdade condicional no ano 1942, residindo en Lugo ata a súa morte no ano 1944.
