Manuel Sarille González

#PersonaxesdeOVelloCárcere

Manuel Sarille González

Un dos nomes que se atopan entre os 4692 recollidos no Memorial da exposición permanente, é o do xornaleiro asturiano Manuel Sarille González.
 
Apresado e xulgado a finais de 1937 por auxilio á rebelión, Manuel foi destinado á prisión provisional de Celanova para, finalmente, ingresar no Cárcere de Lugo o 15 de novembro de 1939, á idade de 45 anos. Poucos datos temos respecto do seu tempo aquí, pero algúns documentos conservados testemuñan que, dentro do sistema de redención de penas establecido pola ditadura, quedou en liberdade condicional no 1941. Por entón e ata 1943, daría conta dos traballos que ía desempeñando xa en Castrillón, coa súa familia de preto, o que lle permitiu rematar a súa condena por boa conducta.
 
Fontes:
– Expediente procesual:
 
– Listaxe de represaliados recadada por María Jesús Souto:
📷 Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia
O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.