A personaxe deste mes da que vos queremos falar é Manuel Rodríguez Castro. Trátase tamén, dunha das persoas que coñecemos grazas á campaña de mecenado #ATuaMemoria. Os seus familiares cederon textos, unha carta dirixida á súa nai, unha fotografía e o seu escrito de incriminación polo que foi xulgado. Obxectos que hoxe se atopan nunha vitrina dentro da exposición permanente ‘O Vello Cárcere. Da Guerra á Posguerra’.
Manuel era ebanista de profesión e estaba afiliado á CNT. Nos aforismos expostos hoxe en día na súa vitrina podemos ler leccións de vida; dunha vida que se parou por culpa dunha guerra. A situación traumática pola que tivo que pasar, el e a súa familia, como moitas máis, levárono a coller un lapis e un papel e reflexar as ensinanzas tinguidas pola violencia do contexto no que se atopaba.
A través destes escritos amósasenos unha personalidade sensible, que está sufrindo e que se dirixe aos seus seres queridos dicindo:
“Por eso les escribo para que tengais valor y sepais soportar la muerte, no solo de vuestro hijo y hermano pues como este por pensar [vivir] en una sociedad donde exista libertad, flores y amor”.
Con esta sensibilidade é coa que Manuel escribe e deixa constancia de que o mundo non é sempre xusto, pero que a súa loita foi afrontada con valentía e honor. Foi asasinado o 27 de xullo de 1937 nas tapias do antiguo Cemiterio de Magoi.
Grazas á súa familia por darnos a oportunidade de custodiar a súa memoria.
Créditos imaxe: Manuel Rodríguez Castro (á dereita) co seu irmán.
