Os bens culturais que forman parte da #exposicionpermanente posúen un importante valor histórico e documental, como fonte de información directa que son dos acontecementos do pasado.
Así, pezas como este escrito de incriminación cara Manuel Rodríguez Castro (Lugo, 1913 – 1937) ou a carta de despedida redactada do seu puño e letra durante o seu arresto no cárcere, permítennos coñecer as circunstancias que rodearon a súa vida, como tamén outros aspectos sociopolíticos do conflito bélico.
No caso destes obxectos, chama a atención a determinación coa que se lle acusa de persoa perigosa no primeiro documento
, en contraste coa reflexión que contén o segundo
, onde as palabras que máis repite Manuel son ‘libertad’, ‘flores’ e ‘amor’.
Imaxes: Bens cedidos por Dolores Castro en réxime de doazón permanente.
