#TalDíaComaHoxe faleceu Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963), e a través da mostra #ELAS, organizada e comisariada por Aurora Marco, quixemos facerlle unha pequena homenaxe.
Na vitrina onde se expón o manual que recolle arredor de 400 biografías de mulleres galegas, descubriredes a vida desta importante ilustradora e acuarelista coruñesa, tristemente esquecida pola Historia da Arte. A súa estética elegante, en certo modo orientalista e de influencia modernista, leváronna a consolidarse no eido da cartelería publicitaria e na ilustración de revistas e publicacións durante a etapa previa á Guerra Civil.
Esta exposición atópase de xeito permanente na cela 3 da planta baixa do panóptico. Achegádevos a visitala!
Fonte: Exposición “Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada” – Rosario Sarmiento
