Se hai un pequeno que leva triunfando no noso Club de Lectura “Ratiños de Biblioteca” durante os dous últimos anos, ese é o pequeno Nicolás. As aventuras deste cativo teñen totalmente engaioladas ás ratiñas do club! 🐭 Dos diferentes libros desta serie, “Las vacaciones del pequeño Nicolás” é un dos títulos que aínda nos queda por descubrir, mais axiña chegará o momento. 📚
Da mente creativa do seu autor, René Goscinny, saíron tamén outros personaxes entrañables e ben coñecidos, como Astérix o galo e o seu inseparable amigo Obélix. Por outra banda, foi Jean-Jacques Sempé o debuxante encargado de poñerlle cara ao Nicolasiño e a todo o seu mundo. ✨
Aproveitamos este mes de agosto para animarvos a desfrutar das vosas vacacións canda esta proposta de #LibroSalvado. Seguro que vos saca máis dun sorriso! 🌞