LABRANDO O FUTURO

‘Labrando o futuro’ é o título da nova exposición colectiva que presenta o alumnado do Ciclo Formativo de Carpintería e Moble do Centro Público de Educación de Adultos de Bonxe, e do Curso de Cerámica do Centro Penal de Bonxe.

Trátase dun proxecto moi especial, pois ten o principal obxectivo de contribuír á formación das persoas que se atopan en situación de reclusión, facilitándolles a ampliación de coñecementos que lles permitan acceder a novas oportunidades.

Nesta mostra, artesanía e deseño, habilidade e gusto, aúnanse tomando distintas referencias técnicas e estilísticas históricas e vangardistas, nas que, ademais, atopamos inspiracións do máis orixinais.

Do 1 ao 12 de febreiro nas celas centrais da planta baixa do panóptico.

 

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.