«La voz dormida», Dulce Chacón

#LibroSalvado

«La voz dormida», Dulce Chacón

 

O #LibroSalvado deste mes pertence á falecida escritora Dulce Chacón. “La Voz Dormida”, publicada no ano 2002, foi a derradeira novela da autora antes do seu pasamento. Ambientada na época da Guerra de España, caracterízase pola súa narrativa fluída e por amosar unha visión femenina da loita, a través de mulleres humildes, valentes e combativas. Pepita e Hortensia son as protagonistas deste relato, dúas irmás cordobesas, coas que a escritora reflectiu gran parte do sufrimento que experimentaron as mulleres nos cárceres franquistas.

A obra recibiu o premio “O Libro do ano 2002” que outorga a Asociación de Libreiros de Madrid. Tamén foi levada ao cine no ano 2011, da man do director Benito Zambrano e protagonizada polas actrices Inma Cuesta e María León. Neste caso a película obtivo tres premios Goya.

Cremos que a súa lectura pode ser unha boa compañía nestes días calurosos de agosto.

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.