«La mujer del retrato», Mónica Rodríguez

#LibroSalvado | #TalDíaComaHoxe

«La mujer del retrato», Mónica Rodríguez

Concepción Arenal tiña o cabelo roxo. Esta é unha característica que non se adoita resaltar dela, como se ter o cabelo roxo non fose compatible ca imaxe de muller fría e seca que normalmente se lle asocia.
Concepción tamén foi Conchita, como lle chamaban sendo nena, unha nena que cuestionaba todo o que acontecía ao seu redor; unha nena que acabou por convertirse en muller, sen estar de acordo co que iso supuña a finais do século XIX. Pensaba que a palabra “muller” estaba chea de límites, como resaltan na novela. Din tamén neste cómic que Conchita tiña “intereses de home e corazón de muller”, e convivir con esa dualidade non resultou tarefa sinxela.
A súa tataraneta e ilustradora do noso #LibroSalvado deste mes de xaneiro, Teresa Novoa, ben acompañada de Mónica Rodríguez, rescata a vida de Concepción Arenal antes de convertirse no referente feminista que coñecemos hoxe en día. Mergullándonos nestas páxinas podemos descubrir o mundo a través dos ollos dunha Concepción moi nova, e sentir como se van xestando nela os sentimentos de igualdade e xustiza que finalmente a levarían a convertirse nunha das maiores pensadoras e escritoras do século XIX.
Festexando que #TalDiaComaHoxe, 204 anos atrás, tivo lugar o seu nacemento, invitámosvos a coñecer máis de preto a esa nena de cabelo roxo, á nosa Conchita, Concha, Concepción Arenal.
O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.