🎶 Escoitamos a inconfundible voz de Eva Amaral cantando “La ciudad maldita”, a nosa escolla musical deste mes para a listaxe de reprodución #SonsdaLembranza.
Tras estes versos agóchase a tráxica historia familiar da cantante e compositora zaragozana, que se inspirou na vida da súa tía, vítima da represión franquista. Aos poucos de comezar a Guerra Civil, asasinaron ao seu pai, tendo que abandonar a súa cidade sendo moi nova.
Pero volveu, o que para a autora significa “o triunfo do espírito humano por riba da tolemia, da inxustiza que significan as guerras, da parte máis cruel e insensata das persoas”. Unhas verbas que, se cabe, cobran aínda máis forza pronunciadas diante do “Guernica” de Picasso (Proxecto “Suena Guernica” de Radio3 e RTVE):
www.rtve.es/play/audios/suena-guernica/suena-guernica-amaral-12-04-17/3974872/
🎧 Atoparédela tamén na nosa canle de Youtube!
Fontes:
– RTVE
– Revista dixital “Zambombazo. Lengua, música, cultura”: zachary-jones.com/zambombazo/cancionero-amaral-la-ciudad-maldita/
