Johnny, I hardly knew ye” (“Johnny, apenas te recoñezo”), xurdiu de forma popular entre a sociedade irlandesa a comezos do século XIX. Denunciábase con ela a desfeita material e moral que producía a guerra. Tanta, que o retornado soldado Johnny aparecía irrecoñecible ante a súa moza despois de combatir nas guerras de Kandy en Ceilán (Sri Lanka).
