Jaime Fernández Alonso

#PersonaxesdeOVelloCárcere

Jaime Fernández Alonso

 

Na exposición permanente do centro, ‘O Vello Cárcere: da guerra á posguerra’, tratamos de explicar ese período tan escuro e de tanto sufrimento que padeceron nesta cadea as presas e presos.

A miúdo falámosvos sobre a historia de persoeiros recoñecidos pola maioría da xente, pero na memoria colectiva adoitamos esquecernos doutros nomes, como o de Jaime Fernández Alonso.

Nado en Asturias e labrego de profesión, tiña 27 anos cando o apresaron o 20 de agosto de 1936 e levárono á prisión de Lugo. Acusado de rebelión, foi xulgado e condenado a morte. Fusilárono o 27 dese mesmo mes despois de permanecer preso sete días.

➡️ Desde O Vello Cárcere queremos que este, como tantos outros nomes, saian á luz e a súa historia sexa contada tal e como foi, xa que apenas se atopan datos. Por iso pedimos a vosa colaboración, se coñecedes a algunhas destas persoas ou tedes información podedes enviárnola a: ovellocarcerevirtual@gmail.com

Gustaríanos servir de canle para desterrar o silencio que as rodea. Que a memoria non nos falte.

📷 Jaime Fernández Alonso, ‘O Vello Cárcere: da guerra á posguerra’.

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.