Auditorio

O auditorio de O Vello Cárcere conta cunha sala dotada da infraestrutura técnica necesaria para representacións escénicas, concertos, conferencias, charlas e outros espectáculos de pequeno formato. Tamén serve de sala de cine e proxeccións.

A cabida máxima do auditorio é de 137 persoas.

Dotación técnica auditorio

Biblioteca

A biblioteca é un espazo singular que alberga unha selecta colección de libros con diversas temáticas: arte, deseño, historia, patrimonio e restauración, arqueoloxía, feminismo e banda deseñada. As usuarias e usuarios da biblioteca poden consultar ‘in situ’ todos os exemplares e mergullarse na comprensión dos mesmos a través de obradoiros, lecturas públicas, clubs de lectura, etc.

Horario

Mañás:

  • Todos os días de 11:00 a 14:00h

Tardes:

  • De domingo a mércores de 16:00 a 19:00h
  • De xoves a sábado de 16:00 a 20:00h

Patio

Un espazo diáfano no exterior dentro do recinto amurallado, rodeado de estruturas de mármore branco onde poder sentarse. 

Este lugar serve como escenario de distintas actividades durante todo o ano.

Recepción

A recepción do centro sociocultural – situada na entrada principal do primeiro edificio –  ofrece un servizo de atención ao público,  recepción de chamadas, información e difusión das actividades e xestión administrativa do centro.

Salas de Reunións

O centro conta con diversas salas de reunións a disposición das usuarias e dos usuarios, atopándose unha delas xa montada con varias mesas e cadeiras,  con enchufes e conexión a internet por WiFi.