INOCENTES 

INOCENTES 

51 fotografías protagonizadas por pezas de xadrez de cristal compoñen esta mostra conceptual do artista xixonés, na que amosa 48 historias que xiran o redor da violación dos Dereitos Humanos. 

 

Como base para a composición das historias, García de Marina (1975) utiliza dous xogos de xadrez de cristal, un material que pon en valor a fraxilidade e vulnerabilidade do ser humano. O dramatismo das realidades queda aliviado ao non ser representadas de forma explícita, senón a través do simbolismo e a conceptualización. 

A mostra de imaxes atemporais de estilo minimalista é das primeiras coas que García de Marina comeza a facer crítica social, na que centra o seu discurso sobre o poder e as inxustizas que os pobos sometidos padecen. A exposición ten, por tanto, un carácter social onde se pode atopar a denuncia do uso dos seres humanos como mercancía, o papel da muller e a limpeza étnica. Pero tamén hai espazo dentro desta composición para a esperanza, a construción dun espazo libre de guerras e a comunicación entre as persoas a través da igualdade. Fala, por tanto, dunha sociedade que crece na diversidade e no respeto.

García de Marina comeza a súa carreira fotográfica no ano 2010, entre os seus traballos de máis sona atópanse, ser no ano 2015 elexido pola Embaxada de España para representar a España na ‘Photo Week Washington D.C’, no ano 2017 o Museo de Arte Contemporáneo de Castela e León (MUSAC) escolle tres obras súas para a exposición ‘Constelaciones, poesía experimental en España (1964-2016)’ e no ano 2021 o servizo postal de Correos e Telégrafos de España saca un selo cunha das súas obras converténdose no primeiro selo do mundo dedicado a Arte Postal. Se queredes saber máis sobre este artista deixámosvos a ligazón a súa web https://www.garciademarina.net/autor/