Saltar ao contido

Inauguración da exposición temporal ‘INOCENTES’ de García de Marina

51 fotografías protagonizadas por pezas de xadrez de cristal compoñen esta mostra conceptual do artista xixonés, na que amosa 48 historias que xiran o redor da violación dos Dereitos Humanos. Estaran en O Vello Cárcere ata o 24 de maio. 

Como base para a composición das historias, García de Marina (1975) utiliza dous xogos de xadrez de cristal, un material que pon en valor a fraxilidade e vulnerabilidade do ser humano. O dramatismo das realidades queda aliviado ao non ser representadas de forma explícita, senón a través do simbolismo e a conceptualización. 

A mostra de imaxes atemporais de estilo minimalista é das primeiras coas que García de Marina comeza a facer crítica social, na que centra o seu discurso sobre o poder e as inxustizas que os pobos sometidos padecen. A exposición ten, por tanto, un carácter social onde se pode atopar a denuncia do uso dos seres humanos como mercancía, o papel da muller e a limpeza étnica. Pero tamén hai espazo dentro desta composición para a esperanza, a construción dun espazo libre de guerras e a comunicación entre as persoas a través da igualdade. Fala, por tanto, dunha sociedade que crece na diversidade e no respeto.

García de Marina comeza a súa carreira fotográfica no ano 2010, entre os seus traballos de máis sona atópanse, ser no ano 2015 elexido pola Embaxada de España para representar a España na ‘Photo Week Washington D.C’, no ano 2017 o Museo de Arte Contemporáneo de Castela e León (MUSAC) escolle tres obras súas para a exposición ‘Constelaciones, poesía experimental en España (1964-2016)’ e no ano 2021 o servizo postal de Correos e Telégrafos de España saca un selo cunha das súas obras converténdose no primeiro selo do mundo dedicado a Arte Postal. Se queredes saber máis sobre este artista deixámosvos a ligazón a súa web https://www.garciademarina.net/autor/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *