Todo o noso agradecemento a Carmen Blanco por darnos a oportunidade de afondar na figura da escritora Rosalía de Castro, e inclusive, por permitirnos coñecer a súa vinculación co noso Centro Sociocultural, debido á inspiración que lle provocou á ribadense Luz Pozo Garza. Nese intre é onde os camiños se xuntan e o destino de Luz Pozo Garza queda vinculado ao de tantas outras familias que se tiveron que mudar á cidade de Lugo para estar preto dos seus familiares recluídos.
No caso de Luz Pozo Garza, foi seu pai, Gonzalo Pozo y Pozo, quen entrou en O Vello Cárcere, o 1 de agosto de 1936, por mor de ocupar o posto de secretario da Agrupación Local do Partido Republicano Radical Socialista. Tan só estivo cinco días preso pero ese feito cambiaría a súa vida para sempre.
Nunha das imaxes que se mostra a continuación, pódese ver o calabozo no que se atopa o poema que a súa filla compuxo para desafogar a tristura e a dor padecida nese momento polo seu proxenitor.
