«Ghost World», Daniel Clowes

#LibroSalvado 

«Ghost World», Daniel Clowes

 

💬 En 1989, o historietista Daniel Clowes comezou a publicar “Eightball”, un “comic book” que conxugaba historietas curtas autoconclusivas con outros relatos de maior extensión. Estes últimos convertíronse posteriormente en publicacións independentes, como foi o caso da novela gráfica “Ghost World” (1997), o #LibroSalvado deste mes de xuño. 📖

👉 Dúas amigas. Anos 90. Fin do curso escolar. Tras rematar o instituto, Enid e Rebecca vagan pola cidade sen rumbo fixo. Atópanse nese punto intermedio entre a adolescencia e a adultez, nun momento cheo de incertezas. O verán que teñen por diante supoñerá un punto de inflexión no seu camiño á madurez.

🌀 O que inicialmente pode semellar unha sorte de viaxe adolescente, vai moito máis aló. Estas páxinas, sumerxidas nun permanente e característico azul pálido, plantexan unha dura crítica social e existencial a través da súa acidez e humor negro sen estar, á súa vez, exentas de drama. 

📽️ Considerada hoxe en día como unha obra de culto, “Ghost World” tivo tamén a súa adaptación cinematográfica homónima no ano 2001, dirixida por Terry Zwigoff e guionzada por Zwigoff e máis polo propio Clowes. 

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.