O 22 de outubro de 1972 Fuxan os Ventos daba a súa primeira actuación no III Festival das San Lucas de Mondoñedo. 50 anos despois activamos a memoria para lembrar unha das agrupacións mais emblemáticas da música galega a través da ampla variedade de formatos que conforman o seu arquivo persoal. Fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras e audios inéditos son algunhas das pezas a tavés das cales poderemos mergullarnos na cronoloxía e no universo creativo de Fuxan os Ventos, nunha mostra que, ademáis, conta coas achegas de múltiples persoas e entidades culturais do país.
Comisariado e textos: • Sabela Fraga
Coordinación xeral: • Noa Díaz
Dirección de arte: • Melania Freire • Neves Seara
Deseño gráfico: • Kika Ramil
Deseño sonoro: • Faia Díaz
Documentación: • Alicia Pajón
Montaxe: • Daexga
