Faustino Penedo García

A memoria que recuperamos este mes é a de Faustino Penedo García, natural de Baleira pero residente de Ribadeo. Traballaba de bedel nun centro escolar de Ribadeo e, precisamente, esta imaxe extraída do proxecto da USC Nomes e Voces, retrata unha excursión escolar a Navia na que participou. Faustino é o home de bigote que aparece no extremo esquerdo da segunda fila empezando polo fondo.

O 17 de maio de 1937 foi ingresado neste cárcere acusado do delito de sedición. Tiña daquela 47 anos e estaba casado. A súa sentenza ditaminou a condena de morte e, efectivamente, aos catro meses de reclusión, foi executado. #TalDíaComaHoxe, o 13 de setembro do ano 1937.

Fonte:
– SOUTO BLANCO, M. J., A represión franquista e as súas zonas de penumbra. Vítimas confirmadas e posibles en Lugo (1936-1940), 2011: http://www.lugo.es/cs/represion/listado.jsp

📷: Proxecto “Nomes e voces”: http://vitimas.nomesevoces.net/

 

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.