Manuel María

#TalDíaComaHoxe

Manuel María

 

Saímos por uns intres dos muros do Cárcere, para achegarnos ao Paseo dos Escritores e deternos diante da figura dun dos grandes poetas galegos de tódolos tempos.

#TalDiaComaHoxe no ano 2004, falece o chairego e lugués Manuel María, autor de gran compromiso social e político coa dura realidade galega dos anos 50, que escribiu ao longo da súa vida unha vasta obra poética, narrativa, ensaística e dramática.

Na Biblioteca O Vello Cárcere contamos cuns cantos volumes que recollen moitos dos seus versos e tamén dos seus pasos e iniciativas, como foi a creación da revista Xistral no 1949, retomada dende o ano 2000 como Revista Lucense de Creación Poética Xistral.

“Sen metafísica poética digo o meu mensaxe:
vivide.
Sen berros que cheguen ás entrañas:
vivide. Vivir sempre.
Vivir agora, denantes e despois.”

(Documentos persoaes – 1958)

Fontes bibliográficas: CALVO, J. L., “Barriga Verde, Manuel María e o San Froilán”, Lugo: Concello de Lugo, 2012.

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.