«O Vello Cárcere. Da Guerra á Posguerra»

A exposición permanente ‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ foi organizada polo Concello de Lugo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (A.R.M.H). 

Esta mostra inaugúrase no ano 2017, coincidindo coa apertura do centro sociocultural, e xurde coa vontade de dotar a este espazo dun novo uso conciliador co seu pasado represivo. A etapa da guerra civil e da posguerra dentro desta prisión queda ó descuberto a través das súas vítimas. Son as testemuñas e os recordos das persoas que estiveron retidas dentro destes muros por motivos inxustificados, os que nos desvelarán as duras condicións ás que foron sometidas. 

‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ convértese, deste xeito, nunha homenaxe e nun espazo de encontro para dialogar e reflexionar sobre o pasado traumático que supuxo a guerra e a ditadura. É, por tanto, unha mostra viva grazas tamén á actual campaña de mecenado cultural ‘A Túa Memoria’, que permitiu incrementar os fondos da exposición.

«Elas», Aurora Marco

A exposición permanente «Elas» é froito do traballo da investigadora, ensaísta e mestra Aurora Marco. Durante máis de vinte anos, levou a cabo un exhaustivo traballo de investigación acerca de mulleres galegas que sobresaíron ao longo da historia en diferentes campos e disciplinas. Como resultado deste labor xorde a publicación exposta nesta mostra, cuxa edición se limitou a 155 exemplares. Nela recóllense 410 biografías destas mulleres galegas.

Esta exposición está así mesmo composta por serigrafías realizadas por artistas galegas contemporáneas, que tomaron como inspiración as historias aquí recollidas. Elas son Chelo Rodríguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro.

Actuais Exposicións Novas

Exposición temporal “Pornografía da alma”- Ana Fernández

Enmarcándose este proxecto nun contexto de poesía visual, cada cela da primeira planta de mulleres [...]

Ler Máis

Actuais Exposicións Novas

Exposición temporal «20 aniversario AGPI» – Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organizou unha mostra de ilustración para conmemorar [...]

Ler Máis

Actuais Exposicións Novas

Espazo Expositivo Permanente – Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

A Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón presenta nas celas do segundo andar [...]

Ler Máis

Histórico

Exposición temporal «Heroínas de tódolos días» – Camino Casabella

“Heroínas de tódolos días” é unha mostra pictórica da artista lucense Camino Casabella. Está conformada [...]

Ler Mais

Histórico

Exposición temporal «A arte oculta» – Luis Miranda

“Comecei fai case vinte anos a pintar da man do pintor mariñán D. Ángel Carregal, [...]

Ler Mais

Histórico

Exposición temporal – Jorge Andrés Serrano

A obra recente do artista galego Jorge Andrés Serrano inclúese dentro dun proxecto onde se [...]

Ler Mais

Histórico

LABRANDO O FUTURO

‘Labrando o futuro’ é o título da nova exposición colectiva que presenta o alumnado do [...]

Ler Mais

Histórico

ENFOCANDO Á MULLER SILENCIADA

  Despois de ter fotografado as accións que tódolos días realizan as mulleres nos distintos [...]

Ler Mais

Histórico

FUXAN OS VENTOS. 50 anos de historia

        O 22 de outubro de 1972 Fuxan os Ventos daba a [...]

Ler Mais

Histórico

DIÓXENES – María Fortes Blanco

    De vocación artística tardía, autodidacta e multidisciplinar, aínda que sempre vinculada ao mundo [...]

Ler Mais

Histórico

A POLBEIRA

  Un paseo visual pola creación da escultura “A Polbeira”. Bosquexado, modelado, fundición e colocación.

Ler Mais

Histórico

ATLÁNTICAS. MULLERES DO NORDÉS

ATLÁNTICAS. MULLERES DO NORDÉS       Vicki Rivadulla nada na Coruña pero de ascendencia [...]

Ler Mais

Histórico

INOCENTES 

INOCENTES  51 fotografías protagonizadas por pezas de xadrez de cristal compoñen esta mostra conceptual do [...]

Ler Mais

Histórico

ESGUELLO

ESGUELLO   ‘Esguello’ é o título da nova exposición que acollen as celas da planta [...]

Ler Mais

Histórico

INMERSIÓN Ó INTERIOR 

INMERSIÓN Ó INTERIOR    As pintoras lucenses Concetta Montenegro e Luísa Paz expoñen, no primeiro [...]

Ler Mais

Histórico

O FERRO E A VOZ

O FERRO E A VOZ     A exposición itinerante Burdina eta abotsa (‘O ferro [...]

Ler Mais

Histórico

SERIE AMARILLA 

    A colección de pinturas que se expoñen neste espazo representan un ámbito temático [...]

Ler Mais