‘Coa mirada podemos escoitar a música da xeometría.’
‘Cos ollos sentimos a cor e o tacto da terra.’
A iso nos invita nesta mostra de Arte Mineral, a artista María Quiroga, que nos di que ás veces atopa pedras no seu camiño, cantos de ríos, seixos, calizas, arenisca. Outras veces atopa o seu camiño buscando pedras, hematita, galena, mica, cinabrio ou cobre.
Recolle as cores directamente da terra, moendo as pedras cun mazo nunha engra. Lava as cores xa moídas e, con distintas peneiras, obtén o pó en pedriñas regulares, máis finas ou máis grosas.
Con todas estas cores compón estas xeometrías en Arte Mineral.