Exposición temporal ‘Tinga Tinga’- Allen Enock Abeid

O “tingatinga” ou “arte que fai sorrir”, é o xénero pictórico africano orixinario de países como Tanzania ou Kenia que presenta Allen Enock Abeid nas celas da planta baixa do panóptico.

Baixo o título de “Tinga Tinga”, esta exposición temporal mergúllanos na tradición e no imaxinario do pobo africano a través das costumes do pobo masái e da súa flora e fauna, como tamén mediante unha paleta cromática moi luminosa, o trazo marcado e a predominancia da liña curva.

Poderá visitarse ata o 31 de setembro do 2022.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará