Tierra de hombres é unha fundación sen ánimo de lucro que, mediante a acción directa, promove o desenvolvemento da infancia, protexendo e defendendo os dereitos dos máis pequenos, poñendo o foco naqueles que se atopan nunha situación de vulnerabilidade.
O Movemento actúa principalmente en tres áreas: Saúde Materno-Infantil, Protección da Infancia e Crises Humanitarias, intervindo directamente con menores, familias e comunidades.
Esta mostra, que conta coa colaboración dos fotógrafos Marcos Martínez e Marcos Cenamor, fai un percorrido visual por diferentes proxectos de cooperación en diversos países. Os rostros destes nenos e nenas son os principais protagonistas da exposición.
🗓️ Do 7 de setembro ao 15 de outubro
📌 Calabozo da primeira planta do panóptico
