Exposición temporal «Territorio compartido, raíces comúns » – I Certame Internacional de Pintura

En cada pincelada, o latexar da nosa terra. En cada cor, a esencia de Galicia.

O I Certame Internacional de Pintura, organizado por AIRA Cooperativa, nace como unha fiestra aberta ao diálogo visual entre a pintura e a paisaxe, entre a creatividade e a tradición. Este proxecto convértese nun eco das historias que reflicten a forza do campo, establecendo un punto de encontro onde a arte contemporánea e as raíces do noso territorio se entrelazan.

Baixo o lema «Territorio compartido, raíces comúns», esta iniciativa busca que cada obra se converta nunha invitación a participar na misión de poñer en valor o campo galego desde a perspectiva da arte.

As quince obras que integran esta exposición itinerante convidan o público a reflexionar sobre o vínculo inseparable entre a terra e a vida que dela nace, celebrando a dignidade e a beleza dun futuro compartido que define a nosa propia identidade.

Para descubrir con máis detalle as obras e os artistas participantes, consulta o catálogo en liña:

https://www.aira.es/certamen-internacional-pintura-aira/

 

📍 Bloque de mulleres – 1ª planta

🗓️ Do 11 de xuño ao 30 de xullo do 2026

 

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.