Exposición temporal «TECENDO REDES: MIGRACIÓN, ARTE E LUGO» – Asociación de Inmigrantes e Retornados/as Rioplatenses

Neste espazo de encontro onde a arte actúa como ponte entre culturas e xeracións. A través de oito proxectos artísticos procedentes de Venezuela, Cuba, Arxentina, México, Turquía e Rusia, a mostra convida a reflexionar sobre as mobilidades humanas, as identidades diversas e os vínculos que tecen a nosas historias migrantes.

A exposición aborda a migración desde múltiples perspectivas, visibilizando experiencias de perda, adaptación, memoria e esperanza. Cada obra promove o diálogo intercultural e a creación dun tecido social máis inclusivo.

Trátase dunha viaxe sensorial que integra arte, música e memoria migrante, configurando un espazo vivo de participación, respecto e intercambio. No que se impulsa á integración, recoñécense as achegas das comunidades migrantes e fortalécese unha cidade construida desde a creatividade, a empatía e o diálogo.

Artistas participantes: Adiante (Faller da Ulloa), Pedro Cantero, Alisa Smirnova, Soila Jankowska, Juan Pablo Mastroianni, Hanoi Vidal, Evelin Ruiz Crego, Cris Bamio, Nicolás Ravelli Barreiro e Simón Rodríguez.

 

🗓️ Do 04/12 ao 28/12

📌 Celas de mulleres: 2ª planta

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.