Saltar ao contido

Exposición temporal ‘Soños’ – Manuel Pérez Villar

Manuel Pérez Villar, nado en Navia de Suarna, é un pintor autodidacta que leva debuxando dende moi neno e pintando en técnica ao óleo sobre lenzo dende os vinte anos. Os seus cadros mesturan o realismo co impresionismo e co romanticismo, tendo participado en diversas exposicións en Navia de Suarna e en Lugo, mais tamén nalgunha exposición colectiva.

As obras que conforman esta exposición reflicten as paisaxes da montaña dos Ancares, as súas noites, que quizás sexan as máis representativas do sentir do autor, e que queren trasladar a quen as contempla a beleza e o sentimento que nos envolve nese entorno tan especial e fermoso.

🗓️Do 24 de xaneiro ao 29 de febreiro do 2024

📌Bloque de homes – Planta baixa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *