Exposición temporal «Soñar o encontro: Cartas ao Mar» – Néstor Goyanes

O pasado xoves tivo lugar a inauguración da mostra Soñar o encontro: Cartas ao Mar, unha escolma de gravados do artista arxentino Néstor Goyanes. A exposición, que forma parte dos fondos do Museo do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira, chega a Lugo promovida polo Consulado Xeral da República Arxentina en Galicia coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Comisariada por Xoán Pastor e Xan Leira, Soñar o encontro: Cartas ao Mar ofrece un percorrido visual e emocional pola experiencia migratoria. A través de técnicas como a xilografía, a litografía ou o colaxe, Goyanes dá forma a un universo íntimo onde conflúen recordos, documentos, imaxes e sentimentos compartidos por milleiros de familias galegas que viviron a emigración.

Néstor Goyanes é un artista cunha longa traxectoria nas artes plásticas arxentinas e internacional, tamén, é impulsor de numerosas iniciativas de promoción do gravado, entre elas salienta a creación do Mini Print Internacional Galicia, promovido pola Asociación Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea, de Vilariño, Cangas do Morrazo. Nado en Bos Aires en 1960 e descendente de galegos, o autor transforma elementos cotiáns como sobres, cartas ou fotografías en pezas cargadas de significado. Nas súas obras resoan ecos dun pasado colectivo, cunha mirada que conxuga memoria persoal e identidade cultural. A mostra interpela ao público sobre o sentido de pertenza, a raíz e o vínculo emocional co país de orixe.

“Sen memoria, que somos?”, reflexiona Goyanes. “Creo que a identidade se constrúe a partir dos recordos e das emocións que nos acompañan. No proceso artístico, máis alá da técnica, é fundamental ter algo que contar, algo que nos mova por dentro”.

📆 Do 29 de maio ao 31 de xullo do 2025

📌Bloque de mulleres – segunda planta

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.