Feito desde as grellas dos escenarios, entre luces, suor e compromiso, o que aquí se mostra é a xente que fai cultura, erguéndose para manter viva a nosa identidade.
Este proxecto nace da convicción de que só o pobo salva o pobo.
A filosofía do “faino ti mesma” sostén unha práctica co que hai á man, aceptando o erro, a mancha e o azar como metáforas da pluralidade. Cada fotografía é un acto de resistencia que lembra que a nosa identidade latexa con forza a través da música e da arte. En Galiza, a música funciona como salvavidas cultural e espazo de emoción compartida. A estética punk, crúa e directa, atravesa todo o proxecto, reivindicando o seu trazo identitario como forza e recoñecendo aos artistas e ao pobo galego como defensores dunha identidade cultural que resiste e latexa cada día, sendo a cultura a semente de vencer que nos separa da extinción.
📆Do 13 de setembro ao 13 de outubro do 2025
📌Celas de homes – planta baixa
📌Celas de homes – planta baixa
