Exposición temporal «Rosalía Ilustrada» – VVAA

E se as palabras de Rosalía se convertesen en imaxes?

A exposición Rosalía Ilustrada reúne no Vello Cárcere 35 obras orixinais de artistas, ilustradores e ilustradoras galegas que parten dun texto da escritora para crear a súa propia interpretación visual.

Un proxecto que naceu en 2004 e que hoxe recupera aquelas primeiras miradas para sumar tamén dez novos autores e autoras. Diferentes xeracións, técnicas e estilos que dialogan coa obra de Rosalía e demostran que os seus versos seguen tendo moito que dicir e tamén moito que imaxinar.

Unha oportunidade para achegarnos á súa obra desde outra perspectiva.

 

📅 Do 2 de setembro ao 22 de outubro

📍 Bloque de mulleres – 1ª planta

 

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.