Exposición temporal “Pornografía da alma”- Ana Fernández

Enmarcándose este proxecto nun contexto de poesía visual, cada cela da primeira planta de mulleres muda nunha exposición individual.

Diferentes técnicas e sempre na linguaxe da abstracción como escudo protector, gravado, escultura e pintura matérica fálanos da distorsión do ollado a través do reflexo dun mesmo, do consumo excesivo de pensamento procesado, da inexistencia da nada e de armaduras propias e alleas.

“Pornografía da alma”

Ana Fernández (Vilar de Padrenda, Ourense)

🗓️ Do 1 de novembro do 2024 ao 28 de febreiro do 2025

📌 Celas de mulleres: 1ª planta

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.