«Pingas de Humor Crítico» reúne unha selección da obra de Xoán Andrade (Betanzos, 1959) que inclúe viñetas de humor, caricaturas e ilustracións que permiten achegarse a diferentes momentos da súa traxectoria.
Andrade desenvolve o seu traballo entre a educación e a expresión gráfica. Desta confluencia nace o seu traballo como ilustrador de materiais educativos, entre eles «Chirlo Merlo», método para aprender a ler e escribir en galego (1991); o libro «Garabulliño e a escola elástica» (1992) e varias propostas da Xunta de Galicia para o ensino destinadas á prevención da infección polo VIH-SIDA e á coeducación afectivo-emocional e sexual. Tamén, á parte de outros traballos de deseño, ten publicado humor gráfico e caricaturas en diversos medios de comunicación.
🗓️ Do 1 ao 31 de outubro do 2026
📍 Celas de mulleres – 2ª planta
