Exposición temporal «Paseando cariñosas alimañas» – Paco Pestana

«Con esta proposta poñemos en valor o importante papel de Paco Pestana na Arte. Unha mostra que parte do proxecto artístico e vital do artista a través dunha aposta expositiva integrada por pezas do seu taller, do seu espazo máis persoal, o centro do seu proceso creativo e que durante tres meses formarán parte da paisaxe cultural de Lugo. Paco Pestana é un artista que transcende a súa propia obra, artista universal, tendo esta mostra no Vello Carcere unha especial connotación, pois foi nesta contorna onde nos anos 70 fai unha exposición ao aire libre que inicia a súa traxectoria, deixando ao longo dos anos unha fonda pegada nesta cidade bimilenaria. Mantivo sempre unha traxectoria coherente coa súa obra, que o levou a participar en importantes exposicións nacionais e internacionais, polo que é considerado como un referente do panorama artístico na segunda metade do século XX. Moitas grazas a Rita e Franscisco pola súa constante implicación neste proxecto. Moitas grazas ao Concello de Lugo polo seu compromiso con esta mostra de Paco Pestana na súa cidade e para a súa cidade de transcendencia universal.»

Cristina Carballedo Penelas
Comisaria

 

🗓️ Do 24 de outubro do 2025 ao 31 de xaneiro do 2026
📌 Celas de mulleres e de homes – planta baixa e 1ª planta

 

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.