En 1985, cinco amigos transformaron un soño en realidade, percorrer o Río Miño dende o seu nacemento ata a súa desembocadura. Nun acto performático, proxetaron e construíron as súas propias canoas a remo, compañeiras inseparables nunha travesía de 317 quilómetros polo “pai dos ríos galegos”.
Na nova exposición do bloque de mulleres, acompañamos esa aventura de descuberta, amizade e conexión cun dos bens naturais máis valiosos de Galicia, presente no cotián e na memoria de tantos galegos. Durante 10 días, entre o Pedregal de Irimia e A Guarda, os cinco remaron por paisaxes pouco coñecidas naquel momento, revelando unha travesía de enorme riqueza natural e cultural.
“O río que nos move”, convídanos, 40 anos despois, non só a revisitar esta expedición extraordinária e as súas fotografías, senón tamén a reflexionar sobre a importancia do coidado e do respecto polo medio ambiente. A exposición propón ademais unha nova ollada sobre o Río Miño, como unha ruta por descubrir chea de valor e potencial.
🗓️ De 08 a 30 de maio de 2026.
📍 2ª planta de celas de mulleres.
