“Nos meus ollos hai algo que só ti ves” é o título da nova exposición temporal que a artista brasileira Lu Mourelle presenta na primeira planta do bloque de mulleres.
Dende onte, estas celas acollen as infindas miradas da muller expresadas en cores, xestos, movementos ou sons, nun percorrido que mergulla e convida a romper os patróns establecidos sobre o seu corpo e a súa vida.
Neste debate sobre a condición feminina contra os prexuízos tamén conflúen as culturas e as identidades. Mulleres libres, incomparables, independentes, con luz propia. Mulleres, según a autora, “imaxinarias pero verdadeiras, cada unha coa súa beleza única e que nos contan historias de ficción que poderían ser reais”.
Do 4 de maio ao 28 de xuño de 2023.