Exposición temporal «Mulleres» – Xulio Fontes

«Dise que o mundo das mulleres é máis diverso que o dos homes, que teñen máis matices. Probabelmente é verdade. Dentro das 36 obras que aquí se expoñen hai mulleres que traballan, mulleres en traxe tradicional, nais, mulleres doutras culturas, de grandes melenas ou sen elas, mulleres que tocan ou parecen tocar un instrumento, mulleres con xoias, mulleres á moda. Na súa realización, Xulio Fontes utiliza, como nel xa é habitual, lenzos e tamén taboleiros e palés. Pero sobre todo chama a nosa atención a cor, as súas cores plenas que lle dan tanta vida ás figuras e, por último, ese releve, ese volume que Xulio consegue grazas a materiais como as cunchas, a cortiza, a madeira, as cascas de noz ou os botóns. Son formas de ver a muller na súa pluralidade, destacando sempre a gran viveza que trasmiten. Xulio Fontes é un pintor felizmente atípico, sen imposturas e valioso polo fondura que se intúe no seu estilo.»

Manuel Veiga

📍 Bloque de mulleres – 2ª planta

🗓️ Do 5 de xuño ao 30 de xullo do 2026

 

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.