Exposición temporal «Mobiliario vestido» – Piquico

Con ganas de #Entroido 🎉?

Estamos en plena inauguración da nova #ExposiciónTemporal coa que vos convidamos a celebrar esta festa ancestral tan nosa.

Dende hoxe e ata o 28 de febreiro, poderedes disfrutar de “Mobiliario vestido”, unha mostra itinerante do artista vianés Piquico (Ángel Manuel Rodríguez Romero), comisariada por Xabier Límia de Gardón.

Entre a tradición e a modernidade, as pezas que a conforman constitúen unha sorte de tótems, uns tallados en madeira e outros representados en pintura e tinta, que conxugan a relación corpo-roupa-moble. Así, nun estilo figurativo-xeométrico marcado pola expresividade e tamén a cor, pódense recoñecer algúns dos seres máis representativos do Carnaval galego. Cales identificades?

 

🗓️ Do 17/01 ao 28/02

📌 Celas de mulleres: 2ª planta

 

Que comece a troula!

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.