Trátase dun proxecto de posta en valor do traballo e esforzo realizado por diversas mulleres no mundo da arte, que ao longo dos anos quedaron invisibilizadas polos límites impostos da sociedade.
En palabras da autora, ‘Miradas’ é un reclamo para homenaxear ás representantes femininas que destacaron no mundo da arte e tamén a aquelas que quedaron no anonimato. A mostra recolle 33 retratos de mulleres de diferentes disciplinas artísticas (pintoras, escultoras, escritoras e actrices) do século XVIII ao século XX e empregando diferentes técnicas: acrílico, collage, lapis, acuarela e plastilina.
Mª Louise, Élisabeth Vigée Lebrun, Camille Claudel, Daphne du Maurier, Leonora Carrington, Gerda Wegener, Frida Kahlo, Pier Angeli, Virgina Woolf, Maruja Mallo son algunhas das artistas que protagonizan esta exposición.”
Do 19 de novembro ao 15 de febreiro de 2024
Celas de mulleres – 2ª planta