Exposición temporal «Me sube la bilirrubina (e outras cousas)», Helena Ayape

«Este proxecto nace dunha paradoxa: a mirada deleitase naquilo que o corpo xa non pode procesar. É unha crónica visual da restrición imposta, un inventario dos praceres que hoxe habitan na categoría do perigoso.

A través do pincel, disecciono a iconografía da dieta moderna: o brillo aceitoso dunha fritura, a xeometría perfecta dun doce procesado, a densidade dunha graxa saturada. Son bodegóns que xa non festexan a abundancia, senón que documentan unha distancia.

Nestas obras, a comida preséntase cunha beleza hiperbólica, case agresiva. É o «canto de serea» do azucre e o ultra procesado: Pintar o que non se pode comer é un exercicio de control. É unha forma de posuír o obxecto de desexo a través do pigmento para non ter que posuílo a través da inxesta. Aquí, a comida non é nutrición; é un límite, unha fronteira pintada entre o pracer inmediato e a supervivencia do órgano que nos mantén vivos.»

Helena Ayape

 

📆 Abril e maio do 2026

📌 Bloque de homes – planta baixa

 

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.