Exposición temporal ‘LiberArte’-Asociación Alterarte

Chega ás celas de mulleres “LiberArte”, a nova exposición colectiva da Asociación “Alterarte” que reúne a obra pictórica e escultórica de 17 artistas de Galicia.

Trátase dun conxunto de máis de 50 pezas realizadas con diferentes técnicas e materiais, que abrangue estilos moi diversos que van dende o realismo ata a abstracción, e representan temáticas como a paisaxe, o retrato ou a natureza morta.

A mostra poderá visitarse do 16 de xullo ata o 15 de outubro do 2022.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará