A exposición antolóxica “La mirada del hombre que cambió mi forma de mirar” achéganos á obra do lucense José Luis Fernández Liz, un creador que xuntou fotografía e literatura e que tamén se dedicou á docencia. Despois de presentarse en Pontedeume o pasado mes de xullo, a mostra chega agora a Lugo, a súa cidade natal.
Comisariada por Lola Ramírez, a exposición reúne fotografías e textos do autor de distintos momentos da súa traxectoria. Imaxe e palabra dialogan nun percorrido pola súa maneira de mirar as persoas e os lugares que atopaba ao seu paso.
Unha homenaxe persoal e unha oportunidade para descubrir o legado dun home cuxa forma de mirar cambiou a de quen compartiu a vida con el.
📅 Do 28 de outubro ao 30 de novembro
📍 Celas de homes – 1ª planta
